Golpe de estado
18 - Xullo
O 18 de xullo de 1936 Xenerais e mandos do exército español levántanse en armas contra o goberno lexítimo da Segunda República española. A oposición da sociedade e dunha parte do exército ao golpe de Estado fai que se inicie a Guerra Civil que dura do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista.