Galo Salinas
14 - Marzo
O 14 de marzo de 1852 nace na Coruña o escritor Galo Salinas. Deixou a profesión de mestre para traballar de xornalista na súa cidade natal. Na Coruña dirixiu a “Revista Gallega” e entrou en contacto cos intelectuais da Cova Céltica. En 1903 pasou a dirixir a “Escola Rexional de Declamación”. A súa peza dramática ¡Filla…! foi a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática. Prolífero escritor dramático a el debémoslle o estudo teórico sobre teatro galego Memoria acerca de la dramática gallega.