Cargando eventos

« Todos os eventos

Francisco Porto Rey

16 - Xaneiro

16 xan (RAG)O 16 de xaneiro de 1876 nace Francisco Porto Rey. Nado en Vilagarcía de Arousa e finado en Vigo, o 22 de maio de 1941, foi xornalista e escritor, pertenceu ás Irmandades da Fala. Publicou un Diccionario gallego-castellano, que apareceu en fascículos, e é autor de A tola de Sobrán, 1927, comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña.

Detalles

Data:
16 - Xaneiro