Cargando eventos

« Todos os eventos

Foucellas

22 - Outubro

22oO 22 de outubro do 1908 nace nas Foucellas, Concello de Mesía, Benigno Andrade García, o emblemático guerrilleiro antifranquista O Foucellas. Coma todos os membros das guerrillas, tivo que esconderse da Garda Civil agochándose nos montes, nas casas de familiares e disfrazándose. Era habitual en Foucellas disfrazarse para poder evitar ser capturado. A súa filla recorda que seu pai ía vestido de cura ver xogar o Deportivo, e que a nai tivera un mozo que foi brigada do exército e que lle pasaba roupa militar coa que se vestía. O 9 de marzo de 1952 o Foucellas é detido no lugar de Costa, en Oza dos Ríos. Torturado pola Garda Civil foi xulgado en Consello de Guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte mediante garrote vil, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano na prisión da Coruña. Foi soterrado no cemiterio de San Amaro nunha foxa común.

Detalles

Data:
22 - Outubro