Cargando eventos

« Todos os eventos

Enrique Labarta Posse

22 - Xullo

O 22 de xullo de 1863 nace en Baio Enrique Labarta Posse. Fundou e dirixiu diversas publicacións, a primeira delas, Galicia Humorística, é unha verdadeira xoia do xornalismo polo seu deseño vangardista e as ilustracións,  verdadeiros foto-retrato da actualidade do momento. A esta séguenlle El País Gallego, La Pequeña Patria, Extracto de Literatura e Pasatiempos, colaborando ademais en Galicia Recreativa e Mi Tierra co pseudónimo de Antón de Rabodegalo. O seu xornalismo estaba ao servizo do que el chamaba patriotismo rexional. No mes de agosto de 1903 é premiado o seu longo poema A festa da patrona de Tabeirón nos Xogos Florais do Círculo Católico de Obreiros de Pontevedra, poema que para os profesores Ricardo Carvalho Calero e Francisco Fernández del Riego é a súa mellor obra. O retrato de Labarta Pose ilustrando a portada do semanario Extracto de Literatura  en 1893  está considerada como a primeira fotografía aparecida nun medio impreso galego.

Detalles

Data:
22 - Xullo