Cargando eventos

« Todos os eventos

Emilia Calé Torres Sanjurjo

18 - Setembro

18sO 18 de setembro de 1908 morre a narradora, poeta, dramaturga e  xornalista Emilia Calé Torres Sanjurjo. Calé foi unha das primeiras colaboradoras na prensa galega do século XIX. As súas primeiras composicións poéticas aparecen na revista Galicia, Revista Universal de este Reino e no Álbum de la Caridad. Serían numerosos os xornais onde publicaría poemas e artigos. Durante os anos de residencia en Madrid foi cofundadora e convértese na anfitrioa das xuntanzas da sociedade La Galicia Literaria, tertulia á que asistían entre outros Francisco Añón, Curros Enríquez e os irmáns Muruais. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Detalles

Data:
18 - Setembro