Eleuterio González Salgado
29 - Marzo
O 29 de marzo de 1972 morre en Ourense Eleuterio González Salgado. Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nazonalista Republicán de Ourense e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista. A súa militancia levouno a ocupar os cargos de concelleiro no Concello de Ourense e deputado provincial da Deputación de Ourense. Foi membro da redacción da revista “Nós” e colaborador en “A Nosa Terra”, así coma na emisión galega na BBC