Cargando eventos

« Todos os eventos

Eladio Rodríguez González

14 - Abril

14 aO 14 de abril de 1949 finaba na Coruña Eladio Rodríguez González, lexicógrafo, xornalista e escritor. A súa traxectoria está intimamente relacionada co seu compromiso coa cultura  e a defensa dunha lingua literaria desprovista de castelanismos. Colaborou en xornais e publicacións como Revista Gallega, Galicia, O Tío Marcos da Portela, Galicia ModernaLa Mañana, da que foi director, Alfar; A monteira, A Nosa Terra, Suevia ou Vida Gallega.  O Diccionario enciclopédico gallego-castellano é considerado a súa grande obra.   É especialmente relevante a súa responsabilidade na creación de “Terra A Nosa”, o suplemento literario de El Noroeste, e na fundación da Asociación de la Prensa coruñesa. Participou na fundación e presidiu o coro Cantigas da Terra.

Detalles

Data:
14 - Abril