Cargando eventos

« Todos os eventos

El Pueblo Gallego

27 - Xaneiro

N 27 xan (Galipedia)O 27 de xaneiro de 1924, sae do prelo o 1º número de El Pueblo Gallego. Editado en Vigo, El Pueblo Gallego, foi o xornal próximo ás teses galeguistas, existiu un proxecto do Partido Galeguista e auspiciado por Bóveda para mercalo e convertelo en órgano oficial. O nacionalismo tivo nas súas páxinas un espazo preferente e alí apareceron importantes textos políticos de Álexandre Bóveda, Víctor Casas e Antón Villar Ponte. Carlos Maside foi director artístico, acompañado de ilustradores como Álvaro Cebreiro. Chegou a acadar tiradas de preto dos 30.000 exemplares.

Detalles

Data:
27 - Xaneiro