Cargando eventos

« Todos os eventos

El Brigantino

21 - Decembro

O 21 de decembro de 1888 sae do prelo o primeiro número de El Brigantino, semanario editado en Betanzos e dirixido por Jesualdo Martínez Santiso. A mediados de 1889 engadiría o subtítulo Periódico de intereses generales e en pouco tempo transformaríase en Bisemanario de intereses generales. No número un de El Brigantino apareceu publicado un solto na primeira plana dedicado ás rúas. Neste facíase un percorrido xeral polo recinto urbano de Betanzos para denunciar a falta dunha rede de sumidoiros na maior parte das rúas da vila.

Detalles

Data:
21 - Decembro