Cargando eventos

« Todos os eventos

Dia da Patria

25 - Xullo

O 25 de Xullo de 1920, conforme ao acordado na II Asemblea Nacionalista celebrada en Compostela, as Irmandades da Fala convocan por primeira vez o Día da Patria Galega coa intención “de autoafirmación e para que dentro de poucos anos, o 25 de xullo, non haxa un fogar galego que non deixe de exteriorizar o seu patriotismo”. Neste década dos 20 a celebración consistía na organización de conferencias, homenaxes a Rosalía, presentación de libros e actuacións musicais e teatrais. Coa proclamación da II República  os actos na xornada do 25 de xullo, naquelas vilas e cidades onde o nacionalismo tiña máis representación, incluían xantares en que tomaban a palabra os dirixentes do Partido, distribuíanse manifestos e follas voandeiras e recuperábanse espazos para a simboloxía nacional, nomeadamente a bandeira. Será a partir de 1934, coa instauración do Mitin das Arengas, cando a data se carga de mais significado.

Detalles

Data:
25 - Xullo