Decreto para o plebiscito
27 - Maio
O 27 de maio de 1933 asínase o decreto para o plebiscito do Estatuto de Autonomía . O Comité Central pro Autonomía de Galiza, en nome dos concellos, dirixiuse ao goberno da República en demanda do decreto que permitise realizar o plebiscito e, despois de insistentes peticións, mesmo por medio de rogos parlamentarios e por interpelación, o goberno da República asina o decreto, dado en Madrid o 27 de maio de 1933, aos sete meses de ser pedido con urxencia.