Cargando eventos

« Todos os eventos

Comité pro Frente Único en Galiza

18 - Marzo

O 18 de marzo de 1934, asisten á convocatoria no pazo de D. Xosé Vázquez Batalla, representantes de todos os partidos autonomistas de Galiza e Xesús San Luís Romero, convocante, encargábase de presentar ao histórico republicano un pergamiño ilustrado por Camilo Díaz e asinado por todos os participantes do Pacto de Lestrove. Despois das intervencións de Manuel María González, Carnero Valenzuela, Castelao e Suárez Picallo os representantes dos partidos Radical, Radical Socialista Ortodoxo, Radical Socialista Independiente, Galeguista, Acción Republicana e Partido Republicano Gallego, acordaron tentar reproducir aquela alianza sopesando e indicando o incumprimento dos acordos do primeiro pacto e todo o que era debido a Galiza, sobre todo o Estatuto. Así os membros do Comité de homenaxe pasaban a conformar a dirección dun Comité pro Frente Único en Galiza, encargado de coligar o republicanismo. Neste estaban: San Luís Romero, Seoane, Santiso Girón, Rodrigo García e Andrés Suárez

Detalles

Data:
18 - Marzo