Comisión Curros Enríquez
20 - Maio
O 20 de maio de 1908 constituíuse en Bos Aires a Comisión Curros Enríquez, presidida polo Académico Correspondente D. Xulio Dávila, co obxectivo de arrecadar fondos para levantar as escolas que levarían o nome do poeta, chegándose a xuntar 16.000 pesetas que foron remitidas á Coruña. Aínda que a inauguración das Escolas Curros Enríquez se adiou por moitos anos, quedaba aí expresada a vontade de unir o nome de poeta á cultura galega.