Cargando eventos

« Todos os eventos

César Parapar Sueiras

17 - Decembro

17 dO 17 de decembro de 1936 ás oito da maña era fusilado xunto con outros cinco veciños, fronte ás tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo, César Parapar Sueiras. Era Tenente de Alcalde Viveiro e Concelleiro nacionalista. Contaba 35 anos. Fora acusado de delito de rebelión, ideas separatistas e participación no intento de proclamación da República Galega. Con tan só 15 anos emigrara a A Habana onde colaboraría na preparación da fundación da Xuntanza Nazonalista Galega d´Habana. De volta a Galiza participa na fundación da Irmandade da Fala de Viveiro e asiste á V Asemblea Nacionalista celebrada na Coruña onde se lle encomenda coordinar, xunto con Ramón Vilar Ponte, as relacións cos nacionalistas da Habana. Foi membro do Partido Galeguista.

Detalles

Data:
17 - Decembro