Cargando eventos

« Todos os eventos

Casamento de Rosalía

10 - Outubro

10oO 10 de outubro de 1858, cando os dous residían en Madrid, casa Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Casan na igrexa de San Idelfonso e actúan de testemuñas don Cándido Luanco e don Manuel Menéndez. O matrimonio tivo sete fillos sen quedar ningún descendente. Alexandra, a súa primeira filla, nace en Santiago o 12 de maio de 1859. Nove anos despois, o 7 de decembro de 1868 nace, tamén en Santiago, a súa filla Aura, que aínda que tivo dous xemelgos estes morreron aos poucos meses de vida. En Lestrobe, o 2 de xullo de 1871, nacen os seus xemelgos Gala (Gala Blanca Eleonora) e Ovidio. Gala non terá sucesión, e Ovidio morre moi novo, o primeiro de xaneiro de 1900, por mor dunha tuberculose. Amara (Amara Honorata Mª del Carmen) nacerá na Coruña o 17 de xullo de 1873 e morre dun ataque ao corazón a finais de decembro de 1921 sen descendencia. Adriano Honorato Alexandre, nace o 20 de abril de 1875, e morre ao caer de encima dunha mesa cando contaba ano e medio. A súa última filla é Valentina, nacerá morta o 14 de febreiro de 1877.

Detalles

Data:
10 - Outubro