Camilo Díaz Baliño
14 - Xullo
O 14 de xullo de 1889 nace en Ferrol o pintor, muralista, escenógrafo, ilustrador e escritor Camilo Díaz Baliño. Díaz Baliño foi o escenógrafo máis importante e un dos artistas gráficos más destacados de Galiza. Foi membro das Irmandades da Fala, ás que lle deseña a bandeira, e do Partido Galeguista. En 1920 instala en Santiago un obradoiro de Arte, en que traballaría tamén o seu fillo Isaac Díaz Pardo, que será uno de los centros dinamizadores da plástica galega e do nacionalismo. Realizou xunto con Castelao a escenografía da obra de Cabanillas A man da santiña. Como artista gráfico fixo ilustracións para as coleccións de obras literarias de Nós, Lar e Céltiga, de periódicos como A Nosa Terra e para publicacións galegas de América como Galicia, Terra galega ou El despertar gallego. Participou na campaña a prol do Estatuto de Autonomía realizando moitos dos cartaces. É autor de relatos publicados na prensa da época, sobre todo no xornal A Nosa Terra, cun forte estilo patriótico. No ano 1928 publicou Conto de Guerra, ilustrado por el mesmo, dedicado ás escolas das Irmandades da Fala. Morreu asasinado na madrugada do 14 de agosto do 1936. O seu cadáver apareceu nunha cuneta na parroquia de Meixide.