Boletín da RAG
20 - Maio
O 20 de maio do 1906 comeza a publicarse Boletín da Academia Galega. O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) foi o órgano oficial e científico da institución desde o 20 de maio de 1906 até decembro de 1980, data en que se publicou o número 360. Vinte anos despois, no ano 2000, e xa con carácter anual, reanudouse a súa publicación co número 361. Durante as primeiras décadas da súa existencia a periodicidade da revista foi mensual, se ben con frecuentes atrasos e interrupcións. Despois de 1936, despois de cinco anos como consecuencia da guerra civil e a posguerra, o BRAG retomou a súa andaina en condicións difíciles, feito que se traduciu nunha periodicidade moi irregular.