Cargando eventos

« Todos os eventos

Arturo Souto

4 - Xullo

4 xO 4 de xullo de 1902  nace en Pontevedra o pintor Arturo Souto, un dos chamados renovadores, xunto con nomes como Colmeiro, Maside ou Torres.  Cursa estudos superiores en Sevilla e Madrid. En 1924, traladado a Vigo por mor do servizo militar, toma contacto coas revistas Alfar e Ronsel. En maio de 1925 realizou a súa primeira exposición individual na Casa de Galicia de Madrid, onde presenta óleos, debuxos e acuarelas de ton marcadamente social. A partir de 1930 goza da consideración da crítica e sucédense exposicións en Madrid, Bilbao, A Coruña, Vigo, Copenhaguen e Berlín. Amigo de boa parte da intelectualidade da súa época, grazas a Luis Pimentel realizou os paneis dos salóns do Círculo das Artes de Lugo.  Durante a guerra civil participa activamente na propaganda republicana con debuxos e carteis, colaborando con algunhas revistas como ilustrador. A derrota republicana levouno ao exilio vivindo na Habana, Estados Unidos e logo, definitivamente, asentándose en México. A partir de 1959 foi director artístico da revista Vieiros e como ilustrador recupera as singulares estampas costumbristas de Galiza. A morte sorpréndeo cando intentaba volver asentar a súa residencia en Galiza.

Detalles

Data:
4 - Xullo