Arias Sanjurjo Pardiñas
1 - Setembro
O 1 de setembro de 1946 morre o avogado, xornalista e escritor Joaquín Arias Sanjurjo Pardiñas. Pertenceu a Solidaridad Gallega e foi Presidente da Sociedad de Agricultores de Monforte. En 1909 é elixido deputado provincial publicando logo un Manifesto en contra das deputacións provinciais. É autor de numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, e autor de outros relacionados coa historia de Galiza, mosteiros e vías romanas. Colaborou en El Eco de Santiago e Arquivos do Seminario de Estudios Galegos.