Antonio María de la Iglesia
13 - Xaneiro
O 13 de xaneiro de 1822 nace de Antonio María de la Iglesia González escritor fundamental no comezo do Rexurdimento. Colaborou en “La Aurora de Galicia” e “Revista de Galicia”. Foi editor de “Galicia” e redactor do “Diario de La Coruña”. Organizou os Xogos Florais da Coruña de 1861 e compilou o Álbum de la Caridad (1862), onde se recollían as composicións dos poetas participantes e unha escolma da poesía galega do momento. É autor de El idioma gallego, su antigüedad y vida (1886). Escribiu poemas en galego recollidos en prensa.