Antolín Faraldo
2 - Setembro
O 2 de setembro 1822 nace Antolín Faraldo, xornalista e escritor e un dos primeiros pensadores do que logo se transformou no nacionalismo. En 1842 incorpórase como xornalista a El Recreo Compostelano, para máis tarde fundar e dirixir El Porvenir co subtítulo de Revista de la Juventud Gallega. Na súa cabeceira rezaba Todo para Galicia. Os seus ideais rexionalistas levarano a participación na Revolución de 1846 para a que redacta a proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia. Fracasado o intento de revolución, o 26 de abril dese mesmo ano vese obrigado a exiliarse en Portugal.