Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Anexión do Concello de Oza

1 - Outubro

1oO 1 de outubro de 1912 anexiónase Oza á Coruña. Na década de 1880 o Concello de Oza viviu unha convulsa historia que o leva a graves dificultades económicas. Isto xunto coa necesidade de espazo do Concello da Coruña para estenderse, en 1912 A Coruña só tiña 8 quilómetros cadrados de extensión, foron os dous factores principais que propiciaron a unión. Quedaba así amplamente incrementada a superficie do Concello coruñés xa que a anexión de Oza supuxo máis do 70% do actual territorio municipal. O concello de Oza, que era como tres veces o da Coruña, estaba formado por catro parroquias, Santa María e San Vicente de Elviña, San Cristobo do Faro (o actual San Cristobo das Viñas) e San Pedro de Visma. Os datos do censo do concello en 1910 eran de 9.434 habitantes, 1.898 casas, 2.411 familias, 6 Escolas Municipais e 154 industrias. As vías de comunicación de entrada e saída da Coruña eran por Oza pois a Coruña só tiña saída ao mar. O primeiro campo de fútbol da Coruña estivo no Concello de Oza, onde xogaba o Club Coruña, fundado en 1903.

Detalles

Data:
1 - Outubro