Amparo Alvajar
8 - Agosto
O 8 de agosto de 1916 nace na Coruña a tradutora, escritora, directora teatral e funcionaria internacional Amparo Alvajar. Amparo gozou nos anos da República da activa vida cultural e política da Coruña e mesmo traballou de funcionaria no Concello. Colaboradora de Casares Quiroga, marchará con el a Madrid como persoa de confianza do seu despacho. Será desde a capital española desde onde, despois do golpe militar, teña que fuxir para Valencia, cidade onde casará con Arturo Cuadrado e logo se exiliará na Arxentina.