Amor Ruibal
11 - Marzo
O 11 de marzo de 1869 nace en San Breixo de Barro (Pontevedra) Ángel María Amor Ruibal, destacado filósofo, lingüista e teólogo, membro fundador da Real Academia Galega. Os seus estudos amosan a súa preocupación filolóxica pola lingua máis alá de lingua para a lírica, chegando a afirmar que “tiña aptitudes para todos os xéneros e forma literaria“. Traballou nun gran proxecto inacabado de estudo científico do galego, cun dicionario etimolóxico a multitude de linguas.