Álvaro de las Casas
2 - Xullo
O 2 de xullo de 1901 nace Álvaro de las Casas, activista cultural e escritor. Funda en Compostela a revista de carácter mensual Alento. Exerceu de catedrático e director do Instituto de Noia onde fundou os primeiros grupos Ultreya, organización xuvenil que supuxo un dos berces do galeguismo a comezos do século XX. É fundamentalmente autor de teatro, mais cultivou tamén a poesía, a prosa e é autor de numerosos ensaios e monografías. A súa obra literaria apareceu fundamentalmente nas editoriais Lar e Nós. Foi militante do Partido Galeguista.