Agustín Sixto Seco
30 - Decembro
O 30 de decembro de 2004 morre Agustín Sixto Seco. Nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e falecido en Santiago de Compostela foi un médico e intelectual galeguista. Colaborou coa editorial Galaxia, a Fundación Penzol, o Museo do Pobo Galego e o Centro Ramón Piñeiro. Colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada até a súa morte.