Academia de Agricultura
20 - Xaneiro
O 20 de xaneiro de 1765 inaugurase na Coruña a Academia de Agricultura, primeira institución desta clase no Estado. Cornide Saavedra foi peza básica na vida da Academia nos dez anos que funcionou (1765-1774). Constituíse por iniciativa particular e o seu obxectivo era investigar as causas da decadencia da agricultura galega.