Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xulio Sigüenza

5 - Xaneiro

Xulio SigüenzaO 5 de xaneiro de 1898 nace na Coruña Xulio Sigüenza Raimúndez, xornalista e escritor. Moi novo emigra a América, primeiro a Cuba e despois a Arxentina e Uruguai. En 1921, publica na revista Galicia o artigo “Os mandamentos do bo galego”, un breve ensaio nacionalista. En 1923, ve a luz o seu primeiro libro –De los agros Celtas– e colabora como xornalista no Diario de la Marina, Diario Español e El Crisol. En 1928, sae do prelo da editorial Nós o seu primeiro libro en galego, Cantigas e verbas ao ar, con influencias hilozoístas do vangardista pontevedrés Luís Amado Carballo. Na Arxentina, traballa en La Razón, Almanaque Gallego, El DespertarGallegoe El Heraldo Gallego, ademais de dirixir a revista Céltiga. Xa en Uruguai foi fundador e primeiro secretario da Asociación Protectora de la Cultura Gallega. En 1933, instalouse en Vigo e dirixe o xornal La Tarde de Vigo e é xefe de redacción de El Pueblo Gallego. Polas súas simpatías pola causa republicana e galeguista, sofre a represión logo do Golpe de Estado. Para salvarse, Sigüenza escribe un libro laudatorio do franquismo titulado Poemas del imperio. 

Details

Date:
5 - Xaneiro