
- Este evento pasou.
Xulio Antonio Alonso Sánchez
27 - Maio
O día 27 de maio de 1859 nace en Lugo o avogado, notario e escritor Xulio Antonio Alonso Sánchez. Estudou o bacharelato en Lugo e en 1879 matricúlate en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Concluída a carreira comeza a traballar como notario en Cangas do Morrazo. Colaborou cos xornais lucenses A Monteira e O Labrego con artigos sobre cuestións agrarias. Como prosista en galego, escribiu dous relatos costumistas publicados na Monteira: O chufón (1889) e Unha vida (1890).
Xulio Alonso morre en Cangas en 1916.