Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xosé Veiga Roel

9 - Novembro

foto XVR9nO 9 de novembro de 1894 nace en Betanzos Xosé Veiga Roel. Iniciado desde moi novo no mundo do debuxo alcanza moi pronto fama polas súas aptitudes como calígrafo e miniaturista. Membro das Irmandades da Fala, formou parte do grupo de colaboradores da revista Rexurdimento, que se publica en Betanzos entre 1922 e 1923 e que recollía as colaboracións dos máis destacados persoeiros da época. No número 1º de Rexurdimento xa aparece unha colaboración súa titulada Nai e Patrea. Foi ilustrador de diversas publicacións, revistas e programas de festas. Mostrou a súa obra, entre outras, na Exposición de Arte Galego da Coruña e na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago. A idade avanzada apaixonarase pola fotografía converténdose nun dos grandes nomes da fotografía galega.

Detalles

Data:
9 - Novembro