Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xosé Tobío Mayo

8 - Xaneiro

O 8 de xaneiro de 1891 nace en Esteiro (Muros), Xosé Tobío Mayo. Realizou estudos no Seminario de Santiago de Compostela e remataría facéndose mestre de escola, militou no republicanismo e exerceu de mestre na súa aldea natal, de onde tivo que fuxir en 1936 por mar a Bilbao. Tras a derrota da República, estivo nun campo de concentración en Francia, conseguindo marchar a Venezuela e despois exiliarse definitivamente en Bos Aires. Finalmente, veu o retorno á Galiza rexida polo franquismo, onde novamente exercerá o maxisterio.

A produción escrita de Tobío Mayo inclúe Espiñas (Bos Aires, 1941) e moitas colaboracións xornalísticas, en Arxentina e en Galicia. A novela O frade das dúas almas estaba preparada para a súa publicación na editorial Nós cando estourou a guerra, polo que quedou inédita. 

Detalles

Data:
8 - Xaneiro