Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Xosé Pérez Ballesteros

30 - Xullo

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 30 of Xullo, repeating indefinitely

30xO 30 de xullo de 1833 nace en Santiago Xosé Pérez Ballesteros, un dos intelectuais máis destacados dentro do que se vén denominando na literatura como Precursores.  Foi ensaísta, articulista, folclorista e poeta. Pérez Ballesteros foi un dos asistentes aos faladoiros da Cova Céltica, a tertulia que tiña lugar na libraría de Uxío Carré Aldao, e formou parte da comisión que, por encargo de Curros Enríquez feito desde Cuba, debería ocuparse de organizar a Academia Galega. Co seu  Cancionero popular gallego vai contribuír  á recuperación, conservación e estudo da literatura oral traslandando ao mundo da escritura cantigas populares. Como poeta figura xa no Álbum de la Caridad  coa composición Un soño. Logo escribiría Versos en dialecto gallego e Foguetes. Foi un dos 40 numerarios fundadores da Real Academia Galega.

Detalles

Data:
30 - Xullo