Xosé Pérez Ballesteros
30 - Xullo
O 30 de xullo de 1833 nace en Santiago Xosé Pérez Ballesteros, un dos intelectuais máis destacados dentro do que se vén denominando na literatura como Precursores. Foi ensaísta, articulista, folclorista e poeta. Pérez Ballesteros foi un dos asistentes aos faladoiros da Cova Céltica, a tertulia que tiña lugar na libraría de Uxío Carré Aldao, e formou parte da comisión que, por encargo de Curros Enríquez feito desde Cuba, debería ocuparse de organizar a Academia Galega. Co seu Cancionero popular gallego vai contribuír á recuperación, conservación e estudo da literatura oral traslandando ao mundo da escritura cantigas populares. Como poeta figura xa no Álbum de la Caridad coa composición Un soño. Logo escribiría Versos en dialecto gallego e Foguetes. Foi un dos 40 numerarios fundadores da Real Academia Galega.