Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xosé María Díaz Castro

19 - Febreiro

xosé maría díaz castroO 19 de febreiro de 1914 nace nos Vilares (Guitiriz) Xosé María Díaz Castro, poeta e tradutor. No Seminario de Mondoñedo cursa –case ao completo– os estudos regulamentados da carreira eclesiástica, comeza o seu interese polas linguas e iníciase na escrita literaria. Será no ano 1948 cando gañe a praza de funcionario público e ingrese como tradutor no Ministerio da Gobernación. Posteriormente, traballou en diversos organismos oficiais (Instituto de Cultura Hispánica, Consello Superior de Investigacións Científicas). Díaz Castro dominaba máis dunha ducia de linguas e traduciu ao galego –do alemán– os Poemas de María, de Rainer Maria Rilke. Se desde mozo tivo vocación literaria, a expresión escrita tardou moitos anos en manifestarse. Acostuma dicirse que Díaz Castro é autor dunha soa obra, o poemario Nimbos (1961). A obra tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galiza e polos problemas básicos do ser humano, a vida e a morte. Un dos seus poemas máis coñecidos é “Penélope”, nel fai unha condensada e radical descrición de Galiza.

Details

Date:
19 - Febreiro