Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xosé María Castroviejo

4 - Marzo

Xosé Mª CastroviejoO 4 de marzo de 1909 nace en Santiago de Compostela Xosé María Castroviejo Blanco–Cicerón, xornalista e escritor. Estudou dereito e filosofía e letras en Santiago e exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. En 1933 embarcou ao Gran Sol, experiencia da que nacería o seu primeiro libro Mar del Sol, poemas de un diario de a bordo. Foi director de El Pueblo Gallego logo da incautación por parte do franquismo e até 1940. Escribiu en galego Tempo de outono e outros poemas (1964) e Memorias dunha terra (1973).

Details

Date:
4 - Marzo