Loading Events

« All Events

Xosé María Cao Luaces

13 - Decembro

13d CaoO 13 de decembro de 1862 nace en Santa María de Cervo (Lugo) Xosé María Cao Luaces. Cando tiña 13 anos empeza a mostrar as súas aptitudes co debuxo na fábrica de porcelana de Sargadelos onde traballaba seu pai. Membro do Partido Republicano Federal, o fracaso da Primeira República e as persecucións posteriores obrígano a emigrar a Bos Aires cando contaba 24 anos. Na Arxentina converterase no mellor debuxante humorista deste país. Crea e dirixe o xornal El Eco de Galicia desde o que impulsará a refundación do Centro Galego de Bos Aires. Traballando en La Bomba fará duras caricaturas contra os ianquis cando empezan a intervir na guerra de Cuba contra España. Entre outras publicación foi o debuxante do xornal humorístico ilustrado de Bos Aires El Arlequín, mais onde desenvolvería o seu principal labor foi en Caras y Caretas. Organizador e director do Orfeón Gallego en 1899 debuxará o traxe que usaron os compoñentes da rondalla do Orfeón para o entroido daquel ano. Nunca volvería a Galiza.

Details

Date:
13 - Decembro