Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xosé García Acuña

15 - Xaneiro

Xosé García AcuñaO 15 de xaneiro de 1873 nace en Betanzos Xosé García Acuña, diplomático e escritor. Cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresa na carreira diplomática en 1896, sendo vicecónsul en Nova York, Chicago, as illas Bermudas, Nova Orleáns e Porto Rico. Tamén, cónsul na Guaira, Panamá, Hendaia, O Havre, Saint–NazaireBombai, A Habana e Veracruz. Xosé García Acuña colaborou en multitude de xornais –algúns betanceiros– e tamén no cubano Diario de la Marina. Ademais de pertencer ao Consello directivo da revista Alfar, foi director de El Noroeste. O 15 de novembro de 1932 ingresa na Real Academia Galega. Entre as súas obras destaca Idearium Regionalista: Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica (1924), con prólogo de Antón Vilar Ponte. 

Details

Date:
15 - Xaneiro