Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xosé Fernández Ferreiro

29 - Xaneiro

Xosé Fernández FerreiroO 29 de xaneiro de 1931 nace en Nogueira de Ramuín Xosé Fernández Ferreiro, escritor e xornalista. Pertenceu ao grupo literario nacionalista Brais Pinto e comezou a súa actividade literaria co seu poemario Ribeirana do Sil, publicado en 1952. A partir de aí, a carreira de Fernández Ferreiro como escritor desenvolveríase sobre todo no campo da narrativa, no que debutou en 1975 con A morte de Frank González, a primeira novela de vaqueiros en galego. A súa novela máis recoñecida é Morrer en Castrelo do Miño, publicada en 1978. Como xornalista, traballou en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia. No ano 1985, foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e, en 2003, coa “Letra E” concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Pertence á Real Academia Galega desde o 4 de xuño de 2011.

Details

Date:
29 - Xaneiro