Cargando eventos

« Todos os eventos

Xosé Cerviño García

23 - Maio

Cruceiro do Hío
Cruceiro do Hío

O día 23 de maio de 1843 nace en Augasantas (Cerdedo–Cotobade) o canteiro e escultor Xosé Cerviño García, máis coñecido como o Mestre Cerviño ou Pepe da Pena. Para os entendidos é o escultor máis afamado da época e mesmo de toda a historia da cantería galega. Castelao –As cruces de pedra na Galiza– chegou a definilo como “xenial e revolucionario, capaz de trocar os sinxelos cruceiros en grandes calvarios”. A súa obra máis famosa é o cruceiro do Hío (Cangas). Entre as súas moitas obras tamén está a restauración da escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Xosé Cerviño morre en 1922.

Detalles

Data:
23 - Maio