Loading Events

« All Events

Xosé Castro “Chané”

27 - Xaneiro

27 xan ( Consello da C)O 27 de xaneiro de 1917 morre na Habana Xosé Castro “Chané”. Este músico galego nacera en Santiago o 18 de xaneiro de 1856. Foi compositor, director do Orfeón Coruñés e máis tarde da Coral Polifónica El Eco. Emigrou a Cuba en 1893. Na Habana dirixiu o orfeón Ecos de Galicia e foi profesor de música do Centro Galego. Mantivo unha estreita relación co poeta Curros Enríquez musicando varios dos seus poemas, sendo Unha noite na eira do trigo a que acadou máis sona. Foi secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.

Details

Date:
27 - Xaneiro