Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Xornal de Galicia

25 - Xullo

O 25 de xullo de 1922 saía do prelo o xornal Galicia. Diario de Vigo dirixido por Valentín Paz Andrade. Xornal de ideoloxía galeguista editouse en Vigo entre 1922 e 1926. O Galicia. Diario de Vigo converteuse no máximo referente modernizador xornalístico, intelectual e artístico de Galiza da década dos 20. Contou cun relevante equipo de colaboradores, As mellores plumas do país dicía Valentín Paz Andrade, entre os que estaban  Castelao, Manuel Antonio, Vicente Risco, Rafael Dieste, Antón e Ramón Villar Ponte ou Luis Ksado. No xornal naceron varias das series gráficas e literarias de Castelao, como Cousas da Vida, Retrincos…, as Lerias de Risco e as crónicas de Ramón Otero Pedrayo.

Detalles

Data:
25 - Xullo