Cargando eventos

« Todos eventos

Xogos Florais de Tui

24 - Xuño

Ás ás tres da tarde do 24 de xuño de 1891 no Teatro Principal  iníciase a cerimonia dos Xogos Florais de Tui,  o primeiro acto público celebrado integramente en galego. Pretendíase con eles prestixiar a lingua e a cultura galega mediante un concurso literario. Os autores debían presentar traballos inéditos escritos en galego en calquera das súas formas dialectais, incluíndo o galego berciano e o da comarca do Eo-Navia. O Consistorio dos Xogos Florais, composto por Manuel Murguía, Salvador  Cabeza de León, Alfredo Brañas ademais de outras personalidades, foi o encarregado de xulgar as máis de cincuenta composicións presentadas. Na cerimonia len os discursos iniciais Manuel Lago González e Manuel Murguía. A seguir, Salvador Cabeza de León, secretario dos Xogos, dá paso ao fallo. Os premios recaen sobre  Eladio Rodríguez, Martín Diez Spuch, Juan Barcia Caballero, Filomena Dato Muruais e Urbano González.

Detalles

Data:
24 - Xuño