Cargando eventos

« Todos os eventos

Xogos Florais

2 - Xullo

2x. jpgO 2 de xullo de 1861 celebrábanse no Teatro Principal da Coruña (hoxe Teatro Rosalía de Castro) os primeiros Xogos Florais de Galiza. O seu promotor foi Antonio de la Iglesia, quen fai facer unha defensa afervoada do uso do galego. Participaron na súa organización, entre outros, Juana de Vega e Benito Vicetto. López Cortón custeou a edición do Álbum de la Caridad, que vai ser considerado a primeira antoloxía poética do Rexurdimento, e no que recolle toda a información relativa ao desenvolvemento destes Xogos Florais, os traballos premiados no certame e a antoloxía poética denominada Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos. Os Xogos Florais da Coruña de 1861 abriron o camiño para outros que se desenvolverán en Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo e Tui, todos eles co obxectivo de prestixiar a lingua. A velada dos Xogos Florais da Coruña foi conducida no musical por Canuto Berea.

Detalles

Data:
2 - Xullo