Loading Events

« All Events

Xocas

19 - Xullo

O 19 de xullo de 1989 morre na súa casa de Lobería o arqueólogo, etnógrafo e historiador Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde moi cedo comeza a colaborar co Grupo Nós e, con só 18 anos, ingresa no Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Sendo membro da Irmandade Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto do Partido Nazonalista Repubricán, xunto con Risco, Otero Pedrayo, Peña Rey e Cuevillas, e posteriormente ingresará nas filas do Partido Galeguista. Unha gran parte dos seus traballos de investigación sobre etnografía, arqueoloxía e historia verán a luz na revista Nós, no Boletín da Real Academia Galega, Cadernos de Estudios Galegos, Boletín Auriense e noutras publicacións de fóra de Galiza. Moitos dos seus esforzos foron para o proxecto de creación dun Museo de Galicia, proxecto que se frustrou ao iniciarse a guerra, mais que, tempo despois, se verá cumprido coa creación do Museo do Pobo Galego do que será presidente. Foi membro da Real Academia Galega.

Details

Date:
19 - Xullo