Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Xoán Xesús González Fernández

9 - Novembro

9nXXGO 9 de novembro de 1895 nace en Cuntis o mestre, xornalista e escritor Xoán Xesús González Fernández quen, xulgado por traizón co resultado de sentenza á pena de morte, será fusilado polos fascistas o 12 de setembro de 1936. Cultivou o xornalismo intensamente ao longo da súa vida, sendo colaborador nos xornais El Compostelano, La Zarpa, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego e La Concordia. En 1933 funda e dirixe o quincenario Amañecer. En 1931, xunto con Arturo Cuadrado, crearía a libraría e Editorial Niké, empezando así un desexado proxecto cultural e galeguista. Participou activamente no movemento agrarista e desempeñou un intenso traballo na fundación de sociedades e sindicatos agrarios. Varias das súas publicacións como escritor verán a luz en Nós e na colección Lar. En 1936 participa na fundación da Asociación de Escritores de Galicia.

Detalles

Data:
9 - Novembro