Cargando eventos

« Todos os eventos

Xoán Vidal Martínez

29 - Marzo

Xoán VidalO 29 de marzo de 1904 nace en Salcedo (Pontevedra) Xoán Vidal Martínez, mestre e poeta. Defensor do ensino en galego, colaborou con Antón Iglesias Vilarelle. Foi cofundador –xunto con Castelao e outros persoeiros– do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Tras o golpe de estado foi represaliado. Creador das revistas Hebe, en 1920, canda Modesto Bará e Alfonso Lois; Alborada, en 1922, con Luís Amado Carballo e Ramón Cabanillas; e Cristal, de 1932–33 xunto a Xosé María Álvarez Blázquez..Recompilador de literatura popular e autor do manifesto lírico “Evasión” (1925). Como poeta, pertenceu á xeración do 22 ao igual ca Luís Amado Carballo. Entre as súas obras, destaca Mágoas (1921) –o seu único poemario en galego–. Tamén cabe sinalar a súa colaboración en La Raza.

Detalles

Data:
29 - Marzo