Loading Events

« All Events

Xoán Vicente Viqueira

29 - Agosto

29aO 29 de agosto de 1924 morre aos 38 anos o filósofo, psicólogo e pedagogo Xoán Vicente Viqueira. Vinculado ás Irmandades da Fala, defendeu a galeguización do ensino, a incorporación plena da muller e todo un programa de reformas do sistema educativo. Colabora no xornal A Nosa Terra publicando artigos sobre teoría nacionalista, educación, a necesaria normalización da lingua e a reforma ortográfica, defendendo a aproximación da ortografía galega á portuguesa. Levará a cabo unha intensa actividade política e cultural. Promove xunto con Antón Villar Ponte un proxecto de publicacións que será a base da futura Editorial Lar, difunde a literatura portuguesa en Galiza e traballará en temática educativa nas que serán as bases programáticas da I Asemblea Nacionalista de Lugo. Foi ensaísta, poeta e tradutor.

Details

Date:
29 - Agosto