Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xoán Rof Carballo

10 - Xuño

Rof CarballoO día 10 de xuño de 1905 nace en Lugo o médico e ensaísta Xoán Rof Carballo. Cursou estudos de Medicina en Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Viena e Colonia. O golpe de estado de 1936 sorprendeuno en Berlín e Alí quedou ata que acabou a guerra. Xa de volta, en 1950 comeza a colaborar con Gregorio Marañón. A súa maior aportación foi unha nova concepción da relación entre médico e paciente, con métodos próximos á psicoloxía, o que facían del unha especie de “curador”. Rof Carballo foi nas décadas de 1950 e 1960 un dos principais ensaístas da Editorial Galaxia. Participou na obra conxunta dos 7 ensayos sobre Rosalía (1952). Falece en Madrid en 1994.

Details

Date:
10 - Xuño