Xoán Montes
13 - Abril
O 13 de abril de 1840 nace en Lugo Xoán Montes Capón, compositor, pianista, organista e director de música. Foi autor de numerosas obras musicais, profanas e relixiosas entre as que destacan Negra sombra, sobre o poema de Rosalía de Castro, e Unha noite na eira do trigo, sobre o poema de Curros Enríquez. Fundou en 1879 o ”Orfeón Lucense”, posteriormente chamado “Orfeón Galego”, que dirixiu até a súa morte.